As
praias de Fontaiña é Baluarte (Coruxo-Vigo) son un dos areais vigueses que
contan con ecosistemas dunares en bo estado de conservación, resultado dun
proxecto de voluntariado ambiental levado a cabo pola Asociación Fontaíña e o
Concello de Vigo desde 1993.
Ó
longo de todo este tempo cabe sinalar a detección dun problema específico
relacionado coa limpeza da area destas praias, xa que ó ser visitada
maioritariamente por xente nova e de mediana idade, moitos/as deles/as persoas
fumadoras, aparecen multitude de colillas dispersas pola area, co que se dan
unha serie de problemas ambientais:
-
Contaminación visual e química da area.
-
Posibles afeccións a organismos que habitan na area dunha praia (plantas,
invertebrados, microorganismos) cun alto valor ecolóxico.
-
Redución da calidade da area desde o punto de vista do uso humano (bañistas,
turismo,...).
A
OMV e a Asociación Fontaíña veñen traballando regularmente a prol da solución
deste problema mediante a organización anual da chamada “Operación Colilla”, na
que voluntarios da Oficina Municipal de Voluntariado de Vigo e da Asociación
Fontaíña, nunha xornada de verán, peinan toda a praia recollendo desperdicios
de pequeno tamaño (colillas, plásticos, papeis, chapas,...) de orixe
artificial, deixando os restos orgánicos, principalmente algas, para substento
das comunidades biolóxicas que se asentan nesta praia. Evítase en todo caso promover a limpeza
mecanica da praia con tractor, xa que o paso da maquinaria pesada sobre a duna
podería deterioralas e ademáis o tamizado mecánico da area (útil en praias
urbanizadas) neste caso perxudicaría a formación de dunas embrionarias na
costa.
Posteriormente,
noutra xornada, repartiríanse cinceiros de praia entre os bañistas,
realizándose ó mesmo tempo unha laboura informativa e de concienciación entre
os usuarios da praia. Ademais disto a
propia praia de Baluarte conta cunha serie de cinceiros fixos, instalados no
valado de proteción das dunas que son baleirados periódicamente polo persoal de
limpeza de praias.
CALENDARIO DE
ACTIVIDADES DA “OPERACIÓN COLILLA 2012”
Sábado 21/7/12. Operación Colilla en Fontaíña e Baluarte. Limpeza de cabichas na praia e
campaña de concienciación cidadá. Horario:
10:00-13:00 h. Nº de prazas: 30.
Lugar
de encontro e material necesario: Praia
da Fontaíña (perto da do Vao) no lugar do Breadouro. No caso de que xa os recibiran, os
voluntarios/as deberán traer as súas lubas.
Venres 10/8/12 Operación Cabicha:
Reparto de colilleiros. Reparto
de cinceiros e campaña informativa en Fontaíña-Baluarte. Horario: 17:00-18:00 h. Nº de prazas: 7.
Lugar de encontro e material necesario: Praia da Fontaíña (perto da do Vao)
no lugar do Breadouro.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR
Apuntarse a través da Oficina Municipal de Voluntariado (Tfno: 986810213, e-mail: ofi.voluntariado@vigo.org) ou da Asociación Fontaíña (Tfno: 679457222, e-mail: fontainhavigo@yahoo.es).
No hay comentarios:
Publicar un comentario